FILMES FESTIVAL 2019

“NO BORRAR DA MEMORIA”

Documental experimental sobre a desaparición da cultura pesqueira tradicional en Galicia, que presenta interrogantes sobre os novos camiños a transitar.

“SALITRE NAS VEAS”

O home e o mar son descoñecidos o un para o outro. Da mesma forma que o mar agocha tesouros ocultos, o home tamén garda os seus segredos. O home e o mar loitan contra o tempo, contra a súa propia extinción, pero tamén se respectan por igual.

“HOMES DE XEO”

O científico Jesús Troncoso, o xefe de cociña Pablo Alías e o patrón de embarcación Santiago Muradas teñen algo en común: os tres son galegos e conviven durante 6 meses a bordo do buque Hespérides, navegando pola Antártida. Grazas ao seu traballo no polo sur, coñecemos mellor como evoluciona o cambio climático e como é vivir lonxe da nosa terra.

“ENTRE A ONDA E A ROCHA”

A través das vidas de varios percebeiros e percebeiras na tempada do Nadal, o documental indaga na relación entre o home e o mar. Anos despois do afundimento do Prestige, móstrase un reflexo de persoas que viven ao límite, en constante adaptación ao perigo, tanto económico, como vital.

“A ONDA DA ALMA”

Ante a escaseza e empobrecemento dos seus recursos pesqueiros, cada vez máis pescadores senegaleses vense forzados a emigrar a Europa en busca de mellores condicións de vida.

“MULLERES DAS AUGAS”

Poderoso retrato sobre a vida e a loita das pescadoras dos mangleirais do nordeste do Brasil. O seu modo de vida vese ameazado pola contaminación das grandes industrias e polo turismo salvaxe que causan danos no ecosistema.

“O REMATE DA LIÑA”

Estremecedor relato sobre un dos principais problemas da actualidade: a sobrepesca. Non se trata tan só dun documental, senón dunha chamada de atención á cidadanía para promover un consumo sostible dos recursos mariños.