Sinopses e horarios dos filmes en proxección

*Todalas proxeccións realizanse na Casa da Cultura da Serra de Outes

Démailler

Dirección: Alexis Berg & Michel Le Meur
País: Francia
Ano: 2019
Duración: 52 minutos
V.O.: Francés (subtítulos en Galego)

Proxección

Venres 30 de outubro as 18:00

Sinopse

Fillo e neto de mariñeiros, Thomas decide renunciar ás comodidades da súa carreira como avogado para converterse en pescador. Con 35 anos embarca no Sirocco, un barco redeiro amarrado no porto de Audierne, onde traballa con Aurélien e David, que levan sendo mariñeiros dende os dezaseis anos.

Dans les bras d’un matelot

(Nos brazos dun mariñeiro)
Dirección: Marie Benoist
País: Francia
Ano: 2019
Duración: 55 minutos
V.O.: Francés (subtítulos en Galego)

Proxección

Venres 30 de outubro as 20:00

Sinopse

Con que soñan as esposas dos mariñeiros? Marie Benoist, casada cun mariñeiro por pura casualidade, sae en busca destes aventureiros cotiáns. Ao falar sobre o mito e a fantasía que acompañan a esta figura, intenta captar a realidade da vida destas mulleres na actualidade, así como a base do desexo e a vida en parella cando o mar se interpón entre dúas persoas.

A Guerra do Bonito

Dirección: Basilio Otero , Confraría de Pescadores de Burela
País: Galicia
Ano: 1994
Duración: 30 minutos
V.O.: Galego

Proxección

Sábado 31 de outubro as 16:30

Sinopse

Proxección de imaxes de arquivo gravadas polos mariñeiros galegos durante o conflito coñecido como ‘A Guerra do bonito” (1994), no que se enfrontaron as frotas pesqueiras española, francesa e inglesa polo emprego de redes de pesca ilegais. Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores de España (FNCP), explica os factores que provocaron o conflito, as súas consecuencias inmediatas e a situación actual da pesca do bonito en Galicia.

Dorna

Dirección: Antón Guerrero
País: Galicia
Ano: 2019
Duración: 8 min

Proxección

Sábado 1 de novembro as 18:00 (dobre sesión)

Sinopse

Tres xeracións dunha familia ligadas ao mar. Agustín Fernández, percebeiro de profesión, aprendeu do seu pai todo o necesario para adicarse ao mar, cando saía pescar con el nunha pequena dorna. Despois de xubilarse, o seu fillo Rubén é o encargado de continuar co legado familiar.

Noetiña

Dirección: Gabriela Amor
País: Galicia
Ano: 2019
Duración: 28 minutos
V.O.: Galego

Proxección

Sábado 31 de outubro as 18:00 (dobre sesión)

Sinopse

Con 25 anos, a vida de Jenifer Suárez Silva é o mar. Antes foi a do seu avó Manuel, a quen todos en Fisterra coñecen por Noeta, e tamén a do seu pai Urbano, co que sae a pescar. Jennifer quere continuar a tradición familiar, pero non será fácil. Está embarazada, e as dúbidas sobre o coidado dos fillos xorden e ameazan o seu soño.

Lúa Vermella

(Red Moon Tide)
Dirección: Lois Patiño
País: Galicia
Ano: 2020
Duración: 84 minutos
V.O.: Galego

Proxección

Sábado 31 de outubro as 20:00

Sinopse

Nun pobo da costa galega, o tempo semella detido. Todas as persoas están paralizadas, mais as súas voces pódense ouvir: falan de pantasmas, de bruxas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres na procura do Rubio, un mariñeiro do pobo que desapareceu no mar.

Tant qu’il y aura la mer

(Mentres exista o mar)
Dirección: Gaëlle Lefreuve
País: Francia
Ano: 2019
Duración: 19 minutos
V.O.: Castelán (subtítulos en Galego)

Proxección

Domingo 1 de novembro as 17:30 (dobre sesión)

Sinopse

En Puerto Gala, unha pequena illa ubicada no medio dos canais da Patagonia chilena, a poboación estase mobilizando… Un proxecto para reducir as cotas de pesca ameaza a supervivencia dos habitantes. A súa loita denuncia a corrupción, o dano ecolóxico e a perda da súa cultura.

Hálito azul

(Alento Azul)
Dirección: Rodrigo Areias
País: Portugal / Francia / Finlandia
Ano: 2018
Duración: 78 minutos
V.O.: Portugués (subtítulos en Galego)

Proxección

Domingo 1 de novembro as 17:30 (dobre sesión)

Sinopse

Ribeira Quente é unha vila mariñeira na illa de San Miguel (Azores), que se enfronta aos últimos días da súa actividade pesqueira tal e como a coñecen. Todo o mundo loita por seguir cunha vida normal a pesar da escaseza de peixe. Os enfrontamentos entre as comunidades pesqueiras, as estratexias políticas, as relacións internacionais e os intentos por salvar a biodiversidade mariña resultan inevitables.