ACTIVIDADES PARALELAS
GRAVACIÓN PROGRAMA DE RADIO “MAR DE ARDORA”

Gravación e retransmisión dixital en directo do programa da Radio Galega “Mar de Ardora”, centrado no mundo do mar, con bloques de noticias, reportaxes, entrevistas e relatos de historias humanas.
O espazo, dirixido por Xusto López Carril, dedicará un programa especial á Mostra Mares da Fin do Mundo
EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS

Xacobe Meléndrez Fassbender

BERROS NO RONCAR DAS ONDAS

CURAR FERIDAS
MESA REDONDA: “O futuro da pesca artesanal”

Mesa moderada por Javier G. Galdo, Biólogo mariño e divulgador científico a prol da xestión sostible dos recursos mariños, na actualidade desde a dirección técnica da consultora especializada Sinerxia.
Intervirán:
Mercedes Díaz Mayán
Xusto López Carril
Primitivo Pedrosa
Rogelio Santos Queiruga
Liliana Solís Pais
SAÍDA NO JOAQUÍN VIETA E ACTIVIDADES CULTURMAR

O veleiro histórico Joaquín Vieta sairá do porto do Freixo (máximo 12 pasaxeiros) xunto a varias embarcacións tradicionais, bordeando a liña de costa da Ría de Noia até a entrada do porto de Portosín. Unha actividade para gozar a bordo, pero tamén desde terra, que se completará con visitas guiadas ás embarcacións.
Ademais, durante as catro xornadas de MDFDM 2021, poderá visitarse a exposición “Que embarcación é?” no primeiro andar do Centro Naútico do Freixo, que fai un percorrido didáctico polas distintas tipoloxías tradicionais de Galicia.
*Actividades desenvolvidas en colaboración coa Asociación Balandro Joaquín Vieta e Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial).
DEMOSTRACIÓN GASTRONÓMICA

Actividade gastronómica organizada pola Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, con produtos típicos e maridaxes ao redor da marca colectiva BERBERECHO DE NOIA. RÍAS GALEGAS. PESCA ARTESANAL, garantía de calidade e orixe capturado con artes de pesca artesanais e sustentables.
Demostración a cargo de Miguel Mosteiro de GastroLab Arousa.
ACTUACIÓN MUSICAL: THE SAR SWING QUINTET

OBRADOIRO DE CINEMA NA RÍA DE MUROS E NOIA

Este taller de cinema está dirixido principalmente a mozas e mozos a partir dos 14 anos, pero no que tamén poden participar as persoas adultas do Concello de Outes e do territorio da Ría de Muros e Noia. Os obxectivos do obradoiro son:
- Adquirir habilidades e coñecementos audiovisuais e cinematográficas usando como ferramentas os seus propios dispositivos móbiles.
- A sensibilización sobre a sostibilidade e coidado do medio mariño.
- A produción dunha obra sobre o marisqueo na Ría de Muros e Noia.
Esta actividade educativa rematará coa proxección da obra realizada durante o obradoiro e coa entrega de diplomas aos participantes, na xornada de Clausura da IV edición da Mostra MDFDM2021.
Dirixe o taller o director e produtor Domingo D. Docampo.
Actividade financiada polo GALP Costa Sostible. Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia.
Información e inscrición
Duración: 24 horas.
Datas e localización: as actividades desenvolveranse na Casa da Cultura de Outes, excepto cando sexa preciso gravar en localizacións exteriores.
- Día 15 de 17:00 h a 20:00 h (presentación do obradoiro)
- Día 22 de 17:00 h a 20:00 h
- Día 23 de 10:30 h a 13:30 h e de 17:00 h a 20:00 h
- Día 29 de 17:00 h a 20:00 h
- Día 30 de 10:30 h a 13:30 h e de 17:00 h a 20:00 h
- Día 01 de nov. a partir das 19:00 h proxeción da curta e entrega de diplomas
Inscrición: A admisión realizarase por orde de chegada da solicitude reenchendo o formulario de solicitude. No momento que estean cubertas as prazas as solicitudes pasarán a listado de reserva.
Acceso ao formulario de inscrición AQUÍ.