A IV edición da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo ten como novidade a inauguración dunha sección competitiva. O documental máis votado polo público recibirá un premio de 500,00 euros e o trofeo “O Sancosmeiro”.
A inscrición é gratuíta.
O prazo de presentación de inscricións para a competición finalizará o día 31 de xullo de 2021 ás 23:59 (CET).
Descarga as bases completas (GL-EN-ES) AQUÍ.