COMPETICIÓN OFICIAL
COMPETICIÓN I

VOLTAR DO MAR
David Pérez, Rodrigo Martínez e Mikel Puertas
País: España (Galicia)
Ano: 2022
Duración: 9 min.
V.O.: galego (subtítulos en inglés)
A relación entre o mar e o ser humano sempre tivo dúas caras. O 17 de xuño de 2021 tivo lugar o naufraxio do barco cerqueiro ‘Sempre Güeto’ en augas de Cedeira, ó norte de Galicia. Dos dez integrantes da tripulación, oito conseguiron sobrevivir. Un deles, Juan Olveira, reflexiona sobre o accidente e o que vén despois dunha traxedia así. Desgraciadamente, os naufraxios son habituais en Galicia, mais ninguén pode chegar a acostumarse a perder a alguén no mar ou á proximidade da morte.

TATUADO NOS OLLOS LEVAMOS O POUSO
Diana Toucedo
País: España (Galicia)
Ano: 2022
Duración: 26 min.
V.O.: galego (subtítulos en inglés)
As mariscadoras dunha pequena vila ao sur de Galicia afánanse cada día de marea por sementar, cavar e coidar o limiar entre a auga do mar e a area. Ese espazo no que cultivar un froito prezado, é tamén un espazo relacional que as une colectivamente, abríndolles a posibilidade dos apoios emocionais, morais, femininos, afectivos e de conciencia traballadora. Unha nova conciencia colectiva que emerxe nelas, intuíndo así que non soamente realizan un traballo artesanal, senón que son unha rede de afectos que transforma o mundo que habitan.

LA MER EN HÉRITAGE
Mégane Murgia
País: Francia
Ano: 2021
Duración: 26 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)
COMPETICIÓN II
ATALAIA/PIUEIRO
Xisela Franco
País: España (Galicia)
Ano: 2022
Duración: 8 min.
V.O.: galego (subtítulos en inglés)

INTERMÈDE (ΧΟΡΙΚΟ)
Maria Kourkouta
País: Francia / Grecia
Ano: 2022
Duración: 24 min.
V.O.: grego (subtítulos en galego)
Imaxes dun pequeno estaleiro nalgún lugar de Grecia. Auga, corpos, cordas, cadeas, madeira e metal nun poema fílmico en branco e negro rodado en 16 mm. Entre a reparación das embarcacións e a súa navegación, un grupo de homes sacan os barcos a terra e empúxanos de novo á auga, unha vez arranxados. Este intermedio é un espazo de tempo intenso e á vez delicado, como o interludio coral dunha antiga traxedia feita de xestos e movementos que oscilan entre a proximidade e a distancia, entre a unión e o desapego, entre a tensión e a tenrura.

THE BOAT BUILDERS (BÅTBYGGERNE)
Sveinung Uddu Ystad e Jon Terje Hellgren Hansen / Forbundet KYSTEN
País: Noruega
Ano: 2022
Duración: 28 min.
V.O.: noruegués (subtítulos en galego)

COMPETICIÓN III

AFTER ICE
Kieran Baxter
País: Reino Unido / Islandia
Ano: 2021
Duración: 12 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)

LE CONSTAT DE LA CREVETTE GRISE
Rémi Murez
País: Bélxica
Ano: 2021
Duración: 22 min.
V.O.: neerlandés, árabe, francés (subtítulos en galego)

LIQUID GROUND
Enar de Dios
País: Austria / España (Galicia)
Ano: 2021
Duración: 32 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)
COMPETICIÓN IV
PEZ VOLADOR
Nayra Sanz Fuentes
País: España
Ano: 2022
Duración: 14 min.
V.O.: español (sen diálogos)

XAAR YALLÀ
Mamadou Khouma Gueye
País: Senegal / Francia
Ano: 2022
Duración: 25 min.
V.O.: wólof, francés (subtítulos en galego)

LAST OF US. The Last Fishermen of the Lake
Andrea Marcovicchio
País: Italia
Ano: 2021
Duración: 28 min.
V.O.: italiano (subtítulos en galego)

COMPETICIÓN V

THE SILENT WAVE
A fisheries cooperative in India responds to Covid-19
Abraham e Vishnu Hari / ICSF
País: India
Ano: 2021
Duración: 18 min.
V.O.: hindi (subtítulos en galego)
En marzo de 2020 impúxose un peche a todas as actividades pesqueiras en Kollam, no estado de Kerala, ao sur da India. Rodado durante o apoxeo da primeira vaga de Covid-19, este documental narra a historia de como os pescadores de Kollam se enfrontaron ao confinamento e ás alteracións no seu traballo. A cooperativa local introduciu un importante cambio no sistema de poxas, destinado a garantir a seguridade da comunidade pesqueira e a corrixir o desequilibrio de poder entre pescadores e comerciantes. Porén, o novo sistema tivo algunhas consecuencias inesperadas.

MAYOTTE, LA MER BUISSONNIÈRE
Pierre Belet
País: Francia
Ano: 2021
Duración: 52 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)
Mayotte é a illa dos nenos: a metade da poboación ten menos de 18 anos. Con todo, está lonxe de ser un paraíso. Ante a pobreza, a inmigración ilegal e a delincuencia incontrolada, os mozos séntense abandonados e illados neste territorio de augas translúcidas… Algúns deles decidiron tomar as rendas do seu destino e facer do océano o seu mellor aliado, a pesar dos prexuízos, as crenzas locais e a súa difícil e ás veces perigosa vida cotiá. Soñan con ser mergulladores, exploradores, cociñeiros ou pescadores. O mar é a súa esperanza, o seu salvavidas.
XURADO OFICIAL

EVA LODEIRO
Laracha, 1987

LARA CAPEÁNS
A Coruña, 1988

XOSÉ ZAPATA
Carral, 1975
Director e produtor. Nomeado aos Premios Goya en varias ocasións e premiado na categoría de mellor curtametraxe de animación na edición do 2022 pola súa obra The Monkey. Na súa ampla traxectoria produciu máis de corenta pezas, entre curtas, documentais e longametraxes.