ACTIVIDADES PARALELAS
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
aMAR
Do 21 de novembro ao 14 de decembro
Lorena do Merlo (Boqueixón).
Unha selección de 40 imaxes tomadas durante semanas de traballo coa xente do cerco da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín (Porto do Son), coas que a autora rende unha homenaxe visual á dignidade do traballo no mar, á beleza da rutina e á forza da colectividade mariñeira.
Dispoñible do 21 de novembro ao 14 de decembro.

ROTEIRO DIVULGATIVO
Achegamento ao marisqueo a pé
VENRES, 12 DEC | 12:00
Representantes da Agrupación de Mariscadoras a pé da Confraría Virxe do Carme de Rianxo farán unha demostración do proceso extractivo do marisco. A continuación, na Lonxa de Rianxo, as persoas participantes poderán ver como se clasifica e se pesa o produto.
O punto de encontro para o roteiro serán as instalación da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo.
O punto de encontro para o roteiro serán as instalación da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo.
MESA REDONDA
Mares de madeira: Carpintería de ribera
SÁBADO, 13 DEC | 17:00
Espazo para o debate que acollerá a mesa dedicada á carpintería de ribera, actividade con fonda pegada nas nosas costas que, pouco a pouco, vemos esmorecer. Haberá espazo para afondar no seu valor histórico e patrimonial, así como para reflexionar sobre os camiños de futuro da profesión.
A mesa estará moderada por Marcos Gallego, director da Mostra, e nela intervirán:
A mesa estará moderada por Marcos Gallego, director da Mostra, e nela intervirán:
- Lino Lema, membro do consello de goberno do Museo do Pobo Galego
- Ramón Collazo, presidente de AGALCARI
- Gerardo Triñanes, membro de AGALCARI
MESA REDONDA
Mares de madeira: Navegación tradicional
SÁBADO, 13 DEC | 19:00
Mesa de debate que pon o foco na navegación tradicional nas costas de Galicia. Analizaremos tanto a súa dimensión histórica como os retos e oportunidades de futuro.
A mesa estará moderada por Marcos Gallego, director da Mostra, e nela intervirán:
A mesa estará moderada por Marcos Gallego, director da Mostra, e nela intervirán:
- Julián Bustelo, alcalde do Concello de Rianxo
- Pepe Sacau, presidente de Culturmar
- Pedro Arufe, presidente da Asociación Cultural Balandro Joaquín Vieta
MESA PESCA SOSTIBLE
100 anos xuntos polo mar
DOMINGO, 14 DEC | 09:30
Coincidindo co século de vida das agrupacións de traballadores do mar, as confrarías de pescadores, queremos dar a coñecer e difundir o seu papel imprescindible na xestión sostible dos recursos mariños. Pero tamén destacar a súa importancia como figuras clave na subministración de alimentos esenciais de proximidade, fundamentais para garantir a nosa soberanía alimentaria.
A mesa de debate estará moderada polo biólogo mariño Javier García Galdo e contará coa participación de:
A mesa de debate estará moderada polo biólogo mariño Javier García Galdo e contará coa participación de:
- Miguel Ángel Iglesias patrón maior da Confraría Virxe do Carme de Rianxo
- Fabián Ben, director de proxectos da FNCP
- Rosa Carballo, xerente GALP 5
- José Antonio Santamaría, patrón maior da Confraría de Pescadores Carreira-Aguiño
PERFORMANCE POÉTICA
Nao Cetácea
DOMINGO, 14 DEC | 11:00
Xosé Iglesias (Cee, 1974) achegaranos aos seus catro poemarios — Transfusión Oceánica, A Relixión do Mar, Luces da Costa de Morte e Atlántico Norte y Chamádeme Ismael — a partir de videopoemas e gravacións feitas ao longo de 12 anos a bordo do seu pesqueiro, o Primeiro Villar.
Imaxes tomadas durante as súas travesías polos caladoiros do mar do Rockall, un penedo rochoso no Atlántico Norte, onde as ondas poden acadar os 20 metros de altura. Unha maneira diferente de achegarnos ao mar, que nos fará sentir, percibir e emocionarnos.
Durante a reprodución do vídeo, Xosé Iglesias pintará en directo unha acuarela mariña; poesía visual en directo para poñer en valor o mundo mariñeiro.

HISTORIAS DO CINEMA
O cineísta andarengo: a propósito de Bernardino Lamas
DOMINGO, 14 DEC | 12:30
Manolo González (A Rúa, 1955) preséntanos o seu último traballo, centrado nun dos primeiros cineastas amadores de Galicia, Bernardino de Lamas, pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón Teijido.A paixón polo cinema, a natureza e o xornalismo deste ferrolán levárono a percorrer a pé rúas, camiños e sendeiros para filmar coa súa cámara Pathé Baby aquilo que observaba, chegando a gravar, entre 1924 e 1934, preto de trescentas películas.
Durante a presentación da obra do investigador, escritor e docente Manolo González poderemos ollar algunhas das pezas gravadas por Alfonso Piñón, auténticos documentos visuais da Galicia de comezos do século XX.

OBRADOIRO DE CINEMA CON MÓBILES
DOMINGO, 14 DEC | 20:00
O Obradoiro de Cinema con Móbiles é unha actividade de formación de novos públicos na que se pretende que o alumnado tome contacto coa cinematografía e co tratamento narrativo do seu entorno patrimonial, social e ambiental. As ferramentas principais coas que se traballa son os dispositivos móbiles, obxectos cotiás aos que se pretende sacar o seu máximo potencial na creación de obras audiovisuais.
Durante a cerimonia de clausura, proxectarase o traballo desenvolvido durante o obradoiro e farase entrega dos diplomas ao alumnado.
Actividade dirixida por Marcos Gallego con Eva Lodeiro como docente principal E Alba Pego como docente de apoio.

EQUIPO
Dirección e produción: Marcos Gallego
Programación: Jesús Silva, Severiano Casalderrey e Marcos Gallego
Deseño gráfico: José María Picón
Redes sociais: Yolanda Muelas
Comunicación: Antonio Rodríguez
Vídeo e proxeccións: Raquel Enríquez
Titora obradoiro: Eva Lodeiro
Axudante de produción: Alba Pego
Soporte dixital e web: Rubén da Silva, Noelia Núñez e Lucía Mella
Fotografía e audiovisual: Lesmes Iglesias e Manuel Iglesias
Técnicos de sala: Óscar Romero e Fernando Ferro
Tradución e subtítulos: María Suárez
Compositora musical: María Caramés