ACTIVIDADES PARALELAS
EXPOSICIÓN DE PINTURA
Mar de flores
DO 25 DE SETEMBRO AO 18 DE OUTUBRO
Karin Kuijpe (Utrecht).
Serie de acrílicos sobre lenzo de estilo naif con cores vivas que representan maioritariamente escenas de costumes galegos e neerlandeses. Como sinal característico, a autora adoita asinar a súa obra incluíndo os seus canciños, Chula e Bribón, a modo de marca persoal.

MARES DIVERSOS
Coidado dos mares
XOVES 15 OUT | 11:00
A asociación Amicos desenvolve dende a súa creación numerosos proxectos de concienciación, recuperación e conservación ambiental. Neste encontro presentarán un dos máis recentes: CABALGA II, unha iniciativa que traballa na recuperación de ecosistemas mariños vulnerables, como os bosques de laminarias, e que pon en diálogo ciencia, sector pesqueiro e sociedade.
Durante a presentación do proxecto amosarase a curtametraxe Coidado dos mares, creada por membros da asociación para dar visibilidade ao traballo dos seus usuarios no coidado do mar.
Durante a presentación do proxecto amosarase a curtametraxe Coidado dos mares, creada por membros da asociación para dar visibilidade ao traballo dos seus usuarios no coidado do mar.
ROTEIRO DIVULGATIVO
Achegamento ao marisqueo a pé
XOVES 15 OUT | 12:00
Representantes da Agrupación de Mariscadoras a pé da Confraría Virxe do Carme de Rianxo farán unha demostración do proceso extractivo do marisco. A continuación, na Lonxa de Rianxo, as persoas participantes poderán ver como se clasifica e se pesa o produto.
O punto de encontro para o roteiro serán as instalación da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo.
O punto de encontro para o roteiro serán as instalación da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo.
NAVEGACIÓN TRADICIONAL
Bluscus (Balandro Santa Cruz)
VENRES 16 E SÁBADO 17 OUT - 12:00 | DOMINGO 18 OUT - 10:00 E 12:00
A navegación a bordo de embarcacións tradicionais, empregadas noutrora para o transporte de mercadorías ou para a pesca de baixura, constitúe unha experiencia que nos achega á historia e á tradición pesqueira de Galicia. A colaboración con Bluscus Galicia Marinera permitiranos descubrir, a bordo do balandro Santa Cruz, o patrimonio vivo da carpintaría de ribeira e coñecer de primeira man esta embarcación tradicional, mentres percorremos as augas da Ría de Arousa e gozamos da súa paisaxe.
Prazas mínimas: 5
Prazas máximas: 10
*O prezo da actividade é de 30,00 € por persoa e ten unha duración estimada de 2 horas.
Prazas mínimas: 5
Prazas máximas: 10
*O prezo da actividade é de 30,00 € por persoa e ten unha duración estimada de 2 horas.
CARPINTARÍA DE RIBEIRA
Facendo un novo sancosmeiro
SÁBADO 17 OUT - 11:00
Agalcari e Astilleros Catoira presentarannos a iniciativa de recuperación do sancosmeiro, embarcación tradicional da Ría de Muros e Noia. O proxecto, que se atopa xa nas últimas fases da construción, parte duns planos recuperados polo mestre carpinteiro de ribeira Gerardo Triñanes e está sendo desenvolvido, seguindo as técnicas tradicionais da carpintaría de ribeira, polo equipo de Astilleros Catoira da man de Ramón Collazo.
MESA PESCA SOSTIBLE
Restaurando o mar: compromiso azul
DOMINGO 18 OUT - 11:00
O Decenido das Nacións Unidas sobre a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030) é o chamamento global da ONU para a protección e recuperación dos hábitats naturais do planeta. Baixo as premisas de prevención, detención e reversión da degradación estanse levando a cabo numerosas iniciativas, tamén nos medios mariños e oceánicos. Arredor deste tema e das accións que na actualidade se están desenvolvendo en mares e océanos, manterase un debate para analizar o impacto real destas iniciativas.
A mesa de debate estará moderada polo biólogo mariño Javier García Galdo e contará coa participación de:
A mesa de debate estará moderada polo biólogo mariño Javier García Galdo e contará coa participación de:
- Pedro Cendon (Biólogo da Fundación Amicos)
- María Caldeiro (Fundamar)
- Manuel A. Reiriz (Presidente da Asociación de Percebeiros de Aguiño)
O LIBRO DO MAR
Un mar de curiosidades
DOMINGO 18 OUT - 13:00
Javier García Galdo (Ferrol, 1973) presentaranos o seu segundo libro, Un mar de curiosidades. Trátase dunha obra de divulgación científica, narrada dende a curiosidade e a imaxinación, que nos achega aos misterios do mar e dos seus habitantes sen esquecer a relación que os humanos temos con mundo mariño.
Galdo é biólogo mariño, docente e divulgador científico en redes sociais e medios de comunicación cuxa longa traxectoria profesional estivo sempre ligada á pesca e ao marisqueo sostible.
Galdo é biólogo mariño, docente e divulgador científico en redes sociais e medios de comunicación cuxa longa traxectoria profesional estivo sempre ligada á pesca e ao marisqueo sostible.
OBRADOIRO DE CINEMA
DOMINGO 18 OUT - 20:00
O Obradoiro de Cinema con Móbiles é unha actividade de formación de novos públicos na que se pretende que o alumnado tome contacto coa cinematografía e co tratamento narrativo do seu entorno patrimonial, social e ambiental. As ferramentas principais coas que se traballa son os dispositivos móbiles, obxectos cotiás aos que se pretende sacar o seu máximo potencial na creación de obras audiovisuais.
Durante a cerimonia de clausura, proxectarase o traballo desenvolvido durante o obradoiro e farase entrega dos diplomas ao alumnado.
Actividade dirixida por Marcos Gallego, con Eva Lodeiro como docente principal e Alba Pego como docente de apoio.

EQUIPO
Dirección e produción: Marcos Gallego
Programación: Jesús Silva, Severiano Casalderrey e Marcos Gallego
Deseño gráfico: José María Picón
Redes sociais: Yolanda Muelas
Comunicación: Antonio Rodríguez
Vídeo e proxeccións: Raquel Enríquez
Titora obradoiro: Eva Lodeiro
Axudante de produción: Alba Pego e Martiño Sampedro
Soporte dixital e web: Ruben da Silva, Noelia Núñez e Lucía Mella
Fotografía e audiovisual: Lesmes Iglesias e Manuel Iglesias
Técnicos de sala: Óscar Romero e Fernando Ferro
Tradución e subtítulos: María Suárez
Compositora musical: María Caramés