COMPETICIÓN OFICIAL
COMPETICIÓN I
CHASING WHALES
La Fille Renne
País: Francia
Ano: 2025
Duración: 5 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)
Estrea en España
LA LUZ QUE NOS GUÍA
Cristina Rodríguez Paz
País: España Ano: 2025 Duración: 20 min. V.O.: catalán, español (subtítulos en español)
REDEIRAS
Acacia Ojea e Arancha Brandón
País: España (Galicia) Ano: 2026 Duración: 15 min. V.O.: galego (subtítulos en inglés)
THE SEA IS THE WALLS OF MY HOME
Floortje Zonneveld
País: Noruega Ano: 2026 Duración: 19 min. V.O.: noruegués (subtítulos en galego) Estrea en España Estrea en España
COMPETICIÓN II
LES COPAINS D'ABORD
Thomas Laliberté e Marilou Muller
País: Canadá Ano: 2025 Duración: 38 min. V.O.: francés (subtítulos en galego) Estrea en España
PIERCING WATER
Fan Wu
País: Taiwan
Ano: 2026
Duración: 24 min.
V.O.: yami, mandarín (subtítulos en galego)
Estrea en España
COMPETICIÓN III
32 ANS À BORD
Naomi Goldziuk
País: Francia
Ano: 2025
Duración: 32 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)
Estrea en Galicia
AGRIDOCE
Carmen Tofeni
País: Portugal, Rumanía, Bélxica, Hungría
Ano: 2025
Duración: 15 min.
V.O.: portugués (subtítulos en galego)
Estrea en España
FREE FISH
Bisan Owda
País: Palestina, Portugal
Ano: 2025
Duración: 22 min.
V.O.: árabe (subtítulos en galego)
Estrea en España
Free Fish retrata a vida baixo o bloqueo de Gaza a través da historia de dous irmáns unidos polo mar pero separados polo desprazamento. Mohammad, que vive nunha tenda no sur, pesca coas súas fillas e co seu sobriño Rami, que perdeu o seu xemelgo no xenocidio. Ahmad, atrapado no norte, arrisca a vida en augas militarizadas sen contar con equipamento propio. O mar, que antes representaba un horizonte de liberdade, está agora ocupado e convertido nunha arma. E, con todo, a pesca segue sendo á vez unha forma de supervivencia e de resistencia, un fráxil fío de dignidade fronte ao borrado.
COMPETICIÓN IV
CHUURAA
Evgenia Arbugaeva
País: Reino Unido
Ano: 2026
Duración: 18 min.
V.O.: sakha (subtítulos en galego)
Estrea en Galicia
LA MAR
Jean Chapiro
País: México
Ano: 2025
Duración: 21 min.
V.O.: español (subtítulos en galego)
Estrea en España
MARE SAPIENS
Aurélie Darbouret e Jeff Silva
País: Francia
Ano: 2026
Duración: 28 min.
V.O.: sen diálogos
Estrea en España
Mare Sapiens revela un mundo mergullado onde a presenza humana e a vida mariña se entrelazan e chocan. Filmada integramente baixo a auga, con luz natural e son ambiente, o filme percorre a baía de Marsella como un espazo onde conviven formas de vida, infraestruturas e máquinas. Despregando un campo sensorial sen comentarios nin xerarquías, a película deixa que o mar apareza non como un pano de fondo ou un recurso, senón como un medio que absorbe, resiste e se adapta.
COMPETICIÓN V
EL DRAA
Francesco Rubattu
País: Italia
Ano: 2026
Duración: 15 min.
V.O.: italiano, inglés (subtítulos en inglés e galego)
Estrea en España
SEABLINDNESS
Tereza Smetanová
País: Eslovaquia
Ano: 2025
Duración: 29 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)
Estrea en España
SI EL SILENCIO FUERA AZUL
B. Rojas, G. Muñoz Garay, M. Fuenzalida, M. J. Cardemil e M. Pompermayer
País: España (Cataluña)
Ano: 2025
Duración: 14 min.
V.O.: español (subtítulos en galego)
WATER TO THE WALL
Franziska von Stenglin
País: Reino Unido (Escocia)
Ano: 2025
Duración: 13 min.
V.O.: inglés, scots (subtítulos en galego)
Estrea en España
Contada a través dos ecos de voces de arquivo e da enerxía dun antigo xogo de pelota, Water To The Wall é un retrato meditativo dunha comunidade insular na que o mar sempre definiu a vida. No encontro entre as mareas e a tradición, a película explora como o pasado das Orcadas segue a dar forma ás illas: a través dos ritmos da súa xente e das augas que as rodean.
XURADO OFICIAL
ANA DOMÍNGUEZ
Creadora visual e cineasta. É cofundadora e codirectora do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña. Desenvolveu a súa traxectoria artística no ámbito das artes plásticas, a dirección artística e o deseño de decorados para obras de teatro, cinema e televisión, antes de desenvolver a súa propia creación cinematográfica. En 2017 estrea a súa primeira longametraxe, Os fillos da vide. Tamén desenvolveu o seu traballo como programadora independente e docente.
ANTÓN CAEIRO
Cineasta e realizador audiovisual. Comezou a experimentar coa imaxe desde moi novo e de maneira autodidacta. Tras unha primeira etapa ligada á experimentación e ao vídeo, orientou a súa traxectoria cara ao cinema documental e á memoria oral. Entre os seus traballos destacan Aillados, A volta dos nove ou Lola. En 2008 fundou, xunto con Margarita Teijeiro, o espazo O Faiado da Memoria, dedicado á recuperación e difusión da memoria e da historia cotiá.
GUILLERMO F. FLÓREZ
Cineasta e docente. Realiza documentais desde 2007 en diferentes países de Europa, Asia e América. A súa traxectoria abrangue tamén o traballo como director de fotografía e produtor, así como a colaboración en medios de comunicación en África. Nos últimos anos impartiu clases de cinema en Nova York. Tamén é fundador da produtora española Flórez Films. Entre os seus filmes destacan: Zindabad!, Speechless ou This Is Not a Love Story.
