PROXECCIÓNS ESPECIAIS
FILME INAUGURAL

MATRIA
Álvaro Gago
País: España (Galicia)
Ano: 2023
Duración: 99 min.
V.O.: galego (subtítulos en inglés)
Ramona vive na costa galega sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario. Entre múltiples traballos, tenta proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrella. Cando esta semella preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que pode facer algo por si mesma.

SECCIÓN PROA. Foco na relación entre os humanos e os mamíferos mariños

A TASTE OF WHALE
Vincent Kelner
País: Francia
Ano: 2022
Duración: 85 min.
V.O.: inglés, francés, feroés (subtítulos en galego)
Cada ano, centos de caldeiróns son cazados nos fiordes das Illas Feroe no que se coñece como o “Grind”, unha espectacular e sanguenta tradición. Os activistas internacionais queren acabar con isto, para que os mamíferos deixen de sufrir, pero os baleeiros feroeses denuncian a hipocrisía de quen come carne sen mirar o que ocorre nos matadoiros e nas industrias que contaminan o noso planeta.

THE WHALE FROM LORINO
Maciej Cuske
País: Polonia
Ano: 2019
Duración: 59 min.
V.O.: ruso (subtítulos en galego)
Chukotka, nos confíns de Siberia, é unha terra dura onde só sobreviven os máis fortes. Unha das tribos siberianas máis antigas, os chukchi, vive alí desde hai séculos. Desde a caída da URSS, tentan sobrevivir estrañando a sabedoría dos seus antepasados e a súa esperanza no futuro. Unha das últimas fontes de vida e tradición para os chukchi é a caza de baleas, cuxo destino tamén está ameazado.

SECCIÓN POPA. Proxecto FILMar

PROXECTO FILMAR
Cinemateca Portuguesa
País: Portugal
Ano: 1913-1961
Duración: 66 min.
V.O.: portugués (subtítulos en galego)
A almadraba atuneira (1961), de António Campos
Tin Sardines (1935), de Leitão de Barros (probable)
Pesca do bacalhau (1931), de Films Sanmael
A indústria baleeira (1932), de José César de Sá e António Antunes da Mata
O naufrágio do ‘Veronese’ (1913), de Invicta Films
SESIÓN ESPECIAL

ENTRE REDES
Vanessa Martínez
País: España (Galicia)
Ano: 2023
Duración: 10 min.
V.O.: galego
Devolver ao mar unha nécora ovada, agardar a que o polbo chegue ao quilo, non capturar lumbrigantes fóra de tempada ou visibilizar o relevo xeracional son algunhas das mensaxes que nos achegan nos seus vídeos María Maceiras, Merce Silva e Rogelio Santos Queiruga. Os tres divulgadores da Ría de Muros e Noia amósannos o que é un día nas súas vidas, un día de traballo entre nasas, rastros e anzois, un día de traballo entre TikTok, Instagram e Facebook, o que é, un día entre redes.