PROXECCIÓNS ESPECIAIS
PROA I
As the Tide Comes In
Juan Palacios e Sofie Husum Johannesen
País: Dinamarca
Ano: 2023
Duración: 88 min.
V.O.: danés (subtítulos en galego)
Estrea en Galicia
PROA II
Been Here Stay Here
David Usui
País: Estados Unidos
Ano: 2024
Duración: 86 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)
Estrea en España
POPA
Filmes:
Introduction to Fogo Island (1967), 16 min.
Billy Crane Moves Away (1967), 17 min.
Jim Decker Builds a Longliner (1967), 19 min.
The Children of Fogo Island (1967), 17 min.
FOGO ISLAND PROCESS
Colin Low / National Film Board of Canada
País: Canadá
Ano: 1967-68
Duración: 69 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)
Estrea en Galicia
Serie de curtametraxes documentais realizadas polo cineasta Colin Low na viaxe realizada a Fogo Island (Terranova) no verán de 1967. Esta experiencia coñeceuse como ‘Fogo Island Process’, composto por 27 curtametraxes documentais nas que se recollían as vivencias e as necesidades desta comunidade.
Supuxo un dos primeiros proxectos realizados ao amparo do programa Challenge for Change/Société Nouvelle (1967-80), deseñado pola produtora gubernamental National Film Board of Canada coa intención de perseguir a transformación e a mellora da sociedade canadense a través da militancia cinematográfica. Foi unha aposta na que o cinema se converteu nunha ferramenta para o cambio social.
Afondando en Fogo Island, o impacto desta proposta fílmica foi transcendental para a comunidade en cuestión, xa que lles permitiu ser conscientes das necesidades e das precariedades da zona, marcada pola pobreza e pola falta de recursos para afrontar a pesca, a súa principal fonte de riqueza. Neste sentido, as filmacións de Low tiñan un peso moito maior para a comunidade, non tanto para a súa exhibición fóra da illa. Foi así como a precariedade se converteu en prosperidade, xa que en menos de dez anos xurdiron melloras lexilativas e organizativas baixo un modelo de cooperativa que foron coñecidos como “Newfoundland Renaissance” (renacemento terranovense).
No plano cinematográfico, os filmes de Colin Low destacan polo seu ton clásico, ao que debe sumarse a naturalidade desprendida de varias das súas entrevistas, entre elas Billy Crane Moves Away e Jim Deker Builds a Longliner, dúas fitas icónicas dentro da colección. Tamén existiron algúns momentos sobresaíntes na liña do chamado ‘direct cinema’. Estes recursos repetíronse nos distintos títulos da colección, aínda que destacaron aquelas poucas pezas fundamentadas na mirada máis poética do seu autor. A obra mestra nesta liña foi The Children of Fogo Island.
Sen dúbida, falamos dun documento histórico único que eleva un chanzo máis a importancia do seu creador, Colin Low; da propia produtora, a NFB/ONF; e, en última instancia, do programa ao que pertence que marcou unha era en Canadá, o Challenge for Change/Société Nouvelle. Severiano Casalderrey
PELÍCULA DE CLAUSURA
Jean Epstein: Unha inmensidade de mar
Adrián Canoura
País: España (Galicia)
Ano: 2025
Duración: 10 min.
V.O.: galego
SECCIÓN GALLEGA I
Mexillonaria
Pablo Chouza
País: España (Galicia)
Ano: 2024
Duración: 15 min.
V.O.: gallego
As voces do mar
Javier Lorenzo
País: España (Galicia)
Ano: 2024
Duración: 22 min.
V.O.: galego
As voces do mar condensa un cuarto de século de esforzos para rescatar a gamela de Cambados, unha embarcación tradicional única que estaba a desaparecida dende os anos 50.
aMar
Lorena do Merlo
País: España (Galicia)
Ano: 2024
Duración: 30 min.
V.O.: galego
SECCIÓN GALLEGA II
Chelito
Carlos Prado Pampín
País: España (Galicia)
Ano: 2025
Duración: 19 min.
V.O.: galego
Testemuñas dunha illa
Borja D. Quintáns, Elian M. Antigua e Guillermo A. García
País: España (Galicia)
Ano: 2025
Duración: 20 min.
V.O.: galego
A tarea
Alfonso O'Donnell
País: España (Galicia)
Ano: 2025
Duración: 28 min.
V.O.: galego, español.
