SECCIÓN GALEGA

SECCIÓN GALEGA

SÁBADO 17 OUT | 20:00

A COSTA E OS CASTELOS

Alejandro Gándara

País: España (Galicia)
Ano: 2026
Duración: 32 min.
V.O.: galego

Unha viaxe pola Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos, explorando as historias do pasado e o presente destes lugares, para compoñer un relato que combina a investigación histórica cunha ollada curiosa cara a nosa relación co patrimonio.

O MAR É O MEU CHAN

Xoán Vázquez

País: España (Galicia)
Ano: 2026
Duración: 15 min.
V.O.: galego, español

Na década dos 70, un grupo de mozos coruñeses lanzáronse a coller ondas nas praias da cidade. Sen apenas referentes, e nunha sociedade que vivía aínda de costas ao mar, fabricaron táboas, descubriron novas rompentes e supuxeron, sen sabelo, o inicio da historia do surf en Galicia.

A POZA MATRIZ

Nancy Frey

País: España (Galicia)
Ano: 2026
Duración: 11 min.
V.O.: inglés, galego (subtítulos en galego)
Estrea mundial

Na Poza Matriz, un recuncho da costa galega que garda para Nancy segredos de vida e beleza, un encontro cun polbo salvaxe dá lugar a unha relación inesperada de curiosidade, confianza e asombro. A través de encontros, dó e un regreso inesperado, a película formula preguntas sobre a nosa conexión con outras formas de vida, sobre o que pode acontecer cando nos achegamos a outra vida cunha curiosidade serena, e sobre canto nos pode dar (e quitar) un encontro.

UN MAR DE MULLERES

Sabela Brand

País: España (Galicia)
Ano: 2025
Duración: 32 min.
V.O.: galego

Un mar de mulleres é un documental que visibiliza o papel das mulleres galegas no sector pesqueiro e na transformación de peixe, destacando a súa participación laboral, a fenda salarial de xénero e os cambios nas condicións de traballo entre o século XX e XXI. A través de entrevistas, amósase a importancia dos saberes tradicionais, o emprendemento feminino e a contribución das mulleres á modernización económica e á mellora da vida nas comunidades mariñeiras.