SECCIÓN INFANTIL

MARTES 13 OUT - 10:00 E 12:00 / MÉRCORES 14 OUT - 10:00

9 MILLION COLORS

Bára Anna Stejskalová

País: República Checa, Noruega, Alemaña
Ano: 2025
Duración: 15 min.
V.O.: sen diálogos

O océano é un paraíso para Fran, a gamba. As súas mortais pinzas apodéranse de todo o que desexan. Para Milva, o peixe cego, é unha loita diaria por sobrevivir. Fran ve nela a beleza e quere que ela tamén vexa o océano do mesmo xeito. Poderán superar as súas diferenzas?

J'AI PÊCHÉ UN REQUIN

Emma Gueirouard

País: Francia
Ano: 2025
Duración: 3 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)
Estrea en España

Lily está a pescar na súa pequena embarcación. De súpeto, algo a arrastra ás profundidades do océano. Alí, entre a realidade e a imaxinación, a súa mente atopa algo que cambiará para sempre a súa maneira de ver o mundo.

LA CARPE ET L'ENFANT

Morgane Simon e Arnaud Demuynck

País: Francia, Bélxica
Ano: 2024
Duración: 6 min.
V.O.: sen diálogos

Un neno vai pescar carpas, pero ten a mala idea de levar consigo o seu pequeno can. Entre o cadeliño, unha ra e un parrulo, non é doado atrapar un peixe…

POISSON NUAGE

Noé Garcia

País: Francia, Bélxica
Ano: 2025
Duración: 6 min.
V.O.: sen diálogos

Un peixiño moi pequeno navega por unha inmensa cidade submarina. Será demasiado pequeno para ver o mundo como o ven os grandes?

SUSPIRO DE MAR

Elva Arrieta Tabuzo

País: Perú
Ano: 2026
Duración: 13 min.
V.O.: español
Estrea en España

Yaku é unha nena aventureira cun profundo vínculo co mar, cuxa mellor amiga é Gavi, unha gaivota coa que xoga todos os días. Cando un vertido catastrófico de petróleo ameaza o sustento da súa familia e da súa comunidade de pescadores artesanais, Yaku debe reunir toda a súa valentía para protexer a súa compañeira de plumas e os demais animais que ama.

WHEN OCEAN RISES

Yongxin Wang

País: Alemaña
Ano: 2025
Duración: 6 min.
V.O.: sen diálogos
Estrea en Galicia

Un oso polar e un pingüín perden o seu fogar debido á subida do nivel do mar. Sen outro lugar ao que ir, atravesan o océano a nado na procura dun novo lugar onde instalarse. Porén, nunca viviron fóra do seu mundo xeado, e adaptarse a un contorno descoñecido non é doado, especialmente cando parece que ninguén está disposto a acollelos.

SECCIÓN XUVENIL

MÉRCORES 14 OUT - 12:00

A CLAWSOME TALE

Lucie Machin

País: Reino Unido
Ano: 2025
Duración: 21 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)
Estrea en España

O Centro Nacional de Cría de Lagostas abriu as súas portas en 2000, en Cornualles, para contribuír a evitar o colapso das poboacións de lagosta europea na rexión, despois de colapsos similares en Escandinavia e no Mediterráneo. Narrada por Lowenna, unha lagosta, a película segue o seu percorrido polo centro de cría e o dos seus descendentes, que comezan alí as súas vidas antes de ser liberados de novo no océano.

THE BOAT BUILDERS

Sveinung Uddu Ystad e Jon Terje Hellgren Hansen / Forbundet KYSTEN

País: Noruega
Ano: 2022
Duración: 28 min.
V.O.: noruegués (subtítulos en galego)

Acompañamos a tres novos construtores de barcos e aos seus mestres, que traballan en tres lugares diferentes da costa norueguesa. Tanto os construtores novos como os máis veteranos falan do oficio, da tradición e da transmisión dos coñecementos artesanais tradicionais ás novas xeracións. Estes barcos son sólidos, pero os coñecementos son fráxiles. Non quedan moitos construtores de barcos tradicionais. Os que posúen estes coñecementos atesouran un patrimonio cultural vivo que se remonta á época viquinga.