PROXECCIÓNS ESPECIAIS

FILME INAUGURAL

VENRES, 29 OUT | 17:00

IORRAM (Boat song)

Alastair Cole

País: Reino Unido (Escocia)
Ano: 2021
Duración: 96 min.
V.O.: gaélico escocés (subtítulos en galego)

Iorram (Boat Song) é o primeiro documental cinematográfico filmado completamente en gaélico escocés. Un retrato lírico da comunidade pesqueira das Hébridas Exteriores. O director Alastair Cole realiza unha viaxe cinematográfica ao pasado e presente das illas, mesturando voces, historias e cancións de mediados do século XX con imaxes da vida actual na terra e no mar, con música orixinal de Aidan O’Rourke.

SECCIÓN PROA. Foco na obra de:

Mathilde Jounot

Foco na obra da escritora, activista e directora francesa Mathilde Jounot, autora de numerosas obras literarias, series documentais para televisión e guións de longametraxes. Os seus traballos foron seleccionadas en máis de setenta festivais de todo o mundo e recoñecidos con diversos premios.

Jounot visitará Galicia por primeira vez para presentar a súa triloxía Océans, la voix des invisibles (Francia, 2016, 2019 e 2021), coa que pretende chamar a atención da cidadanía sobre a necesidade dunha xestión sostible e responsable dos océanos. 

“Os océanos deberían estar xestionados
polos cidadáns ou polos mercados financeiros?”

PROA I - VENRES, 29 OUT | 20:00

OCÉANS, LA VOIX DES INVISIBLES

Mathilde Jounot

País: Francia
Ano: 2016
Duración: 57 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)

Os peixes deben alimentar á xente ou aos mercados financeiros? Este documental acompaña a viaxe dunha directora que prepara unha reportaxe sobre a desaparición de especies mariñas e a situación dramática dos océanos. Porén, ao longo da súa investigación, descobre que detrás destas mensaxes alarmistas agóchanse grandes problemas e intereses financeiros.
PROA II - SÁBADO, 30 OUT | 17:00

OCÉANS 2, LA VOIX DES INVISIBLES

Mathilde Jounot

País: Francia
Ano: 2019
Duración: 53 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)

Tras a primeira parte de Océans, la voix des invisibles, que alertaba sobre o xogo dos poderes financeiros na xestión ambiental dos océanos, Océans 2 mostra como os profesionais do mar, desde as costas de Bretaña ata o Océano Índico e África, están organizándose para protexer os océanos e as poboacións que dependen deles.

PROA III - LUNS, 1 NOV | 16:00

OCÉANS 3, LA VOIX DES INVISIBLES

Mathilde Jounot

País: Francia
Ano: 2021
Duración: 75 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)

A terceira entrega da serie Océans, la voix des invisibles explora os intereses detrás da enerxía eólica mariña. Moitos países emprenderon unha marcha forzada cara a estas alternativas enerxéticas, pero en todas partes xorden protestas e reclamacións por parte dos cidadáns. Cales serán as consecuencias ambientais, económicas e sociais destes proxectos industriais nos mares?

SECCIÓN POPA. Filme histórico

LUNS, 1 NOV | 18:30

MOR’VRAN (LA MER DES CORBEAUX)

Jean Epstein

País: Francia
Ano: 1930
Duración: 26 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)

Documental poético sobre os pescadores da illa de Sein (Bretaña).
“Unha travesía polo arquipélago bretón, na vangarda occidental do continente: […] Chegamos á illa de Sein, o máis salvaxe dos lugares habitados, onde a vida flúe co ameazante rumor do océano. Non obstante, en Brest, a tripulación do “Fleur de Lisieux” prepárase para regresar á illa. […] Desátase o temporal, o mar medra e, a pesar das atrevidas manobras da tripulación, a situación pronto se volve desesperada.”

FILME DE CLAUSURA

LUNS, 1 NOV | 20:00

FASQUIANDO O FUTURO

Pablo Carrera/AGALCARI

País: España (Galicia)
Ano: 2020
Duración: 47 min.
V.O.: galego

Obra que pon e valor o gran patrimonio cultural e industrial que representa a carpintaría de ribeira para Galicia, a través das intervencións de personaxes vencellados a esta tradición. A película expón as razóns que levaron a esta industria a unha situación crítica, que comezou a reverterse no ano 2007 coa creación de ALGALCARI, promovendo un plan para a defensa, recuperación, produción e diversificación das embarcacións de madeira como un dos expoñentes da cultura marítima de Galicia. 

*Proxección organizada en colaboración con AGALCARI (Asociación Galega de Carpintaría Ribeira)