COMPETICIÓN OFICIAL

COMPETICIÓN I

SÁBADO, 30 OUT | 19:00

VOGAR

Andrea de la Iglesia

País: España (Galicia)
Ano: 2021
Duración: 9 min.
V.O.: galego (subtítulos en inglés)

Primitivo herdou do seu pai un dos oficios máis ancestrais que existen en Galicia: a pesca artesanal do polbo. Comprometido co seu traballo, coas artes tradicionais de pesca e preocupado pola sostibilidade e a conservación do medio mariño, relata aos seus fillos as súas preocupacións para que comprendan as consecuencias que tería a desaparición deste oficio e o papel que eles, as novas xeracións, teñen para lograr preservalo.

LAS MUJERES Y EL MAR

Camila Guarda Velasco

País: Chile/Estados Unidos
Ano: 2019
Duración: 14 min.
V.O.: español (subtítulos en galego)

Filmado na maxestosa inmensidade do océano chileno, Las mujeres y el mar é unha viaxe sensorial na que acompañamos a dúas mulleres poderosas nunha pequena vila mariñeira. Julieta desafía á morte traballando no mundo da pesca, tradicionalmente dominado polos homes. Gloria conserva o legado dos cemiterios simbólicos para aqueles desaparecidos no mar.

NORTHERN TRAVELOGUES

Kira Jääskeläinen

País: Finlandia
Ano: 2019
Duración: 58 min.
V.O.: inglés, ruso (subtítulos en galego)

En 1917, o explorador finlandés Sakari Pälsi viaxou ao nordeste de Siberia levando un cinematógrafo e 13.000 pés de celuloide. A viaxe tivo como resultado unha película documental única e un caderno de viaxe. Cen anos despois, a directora Kira Jääskeläinen volve ao estreito de Bering seguindo os pasos de Pälsi para narrar a historia do pobo chukchi.

COMPETICIÓN II

SÁBADO, 30 OUT | 21:00

TO THE SURFACE

Tyler Murgo

País: Estados Unidos
Ano: 2020
Duración: 7 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)

A pandemia de Covid-19 causou estragos na industria marisqueira de Rhode Island (Estados Unidos). Cando todo se desfai, é urxente captar a sabedoría e as perspectivas dos pescadores locais durante este momento histórico, para crear conciencia e tratar de atopar solucións aos desafíos actuais.

MAREAS OCULTAS

Mònica Cambra

País: España (Cataluña)
Ano: 2019
Duración: 10 min.
V.O.: español (sen diálogos)

Homenaxe ao mar e a mirada honesta dunha embarcación de pescadores que loita para combater a contaminación mariña e devolver a beleza ás augas que a rodean. O mar foi desde sempre un espazo no que moitos pescadores atoparon beleza, calma e liberdade. Agora, as xornadas dalgúns pescadores vense perturbadas por fenómenos que antes non coñecían: a contaminación mariña e as súas nefastas consecuencias.

BOA PROA, MARIÑEIROS!

Lara Capeáns e Domingo Docampo

País: España (Galicia)
Ano: 2021
Duración: 14 min.
V.O.: galego

Dylan e Omar ocupan os días de Jeni, que deixou o seu traballo na embarcación familiar cando eles naceron. Dylan, o maior, xa vai á gardería. Cando Omar medre, Jeni agarda poder reincorporarse de novo ao barco, que é a súa paixón.

NOTRE MER DE DÉCHETS

Morade Azzouz & Anca Ulea

País: Francia
Ano: 2020
Duración: 26 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)

O Mediterráneo é o mar máis contaminado de Europa, cunhas 200.000 toneladas de residuos plásticos entrando nas súas augas cada ano. Debido ao incremento de máscaras e luvas desbotables que acaban no mar a causa da pandemia de Covid-19, algúns individuos están tomando medidas para atopar solucións permanentes na cadea de subministración.

COMPETICIÓN III

DOMINGO, 31 OUT | 17:00

REDEIRAS

Edu Marín

País: España (Galicia)
Ano: 2021
Duración: 14 min.
V.O.: español, galego (subtítulos en inglés)

A mulleres redeiras en Galicia loitan por ser recoñecidas como verdadeiras profesionais e por alcanzar os mesmos dereitos que os homes que traballan no sector pesqueiro. As redeiras relatan os desafíos aos que teñen que enfrontarse, a importancia da profesión e a necesidade de que as próximas xeracións aprendan a arte de atar redes.

SOLO SON PECES

Ana Serna & Paula Iglesias

País: España (País Vasco/Galicia)
Ano: 2019
Duración: 17 min.
V.O.: árabe (subtítulos en galego)

Teslem, Dehba e Jadija son tres mulleres nacidas nos campamentos de refuxiados saharauís ao sur de Alxeria. Foron estudar ao norte do país e regresaron aos campamentos para crear unha piscifactoría en pleno deserto, un lugar que pode alcanzar os 50 graos no verán e onde as tormentas de area destrúen o invernadoiro que protexe aos peixes. As tres ansían volver a unha terra onde nunca estiveron, unha terra con mar.

A FISH TALE

Emmanuelle Mayer

País: Israel
Ano: 2019
Duración: 52 min.
V.O.: inglés, hebreo, nzema (subtítulos en galego)

Johnny cre no futuro de África. Vive en Israel, pero soña con volver despois de aprender as modernas técnicas de piscicultura. A súa muller, Thérèse, ve poucas esperanzas en África. Está decidida a darlle o mellor futuro posible aos seus fillos, a calquera prezo. Cando os seus visados expiran, xorden tensións entre ambos, o que leva a un inevitable enfrontamento.

COMPETICIÓN IV

DOMINGO, 31 OUT | 19:00

SINGLANDO DO ALBÁN

Tito Pérez

País: España (Galicia)
Ano: 2021
Duración: 8 min.
V.O.: galego (subtítulos en inglés)

María “A Foriñeira”, da parroquia de San Cosme de Outeiro (Outes), intenta transmitir as experiencias tan fermosas que viviu desenvolvendo o seu traballo. Foi mariscadora, e hoxe en día asegura que seguiría exercendo se a deixaran. A frase que a identifica é “amor polo mar”.

LESSONS FROM JEJU

Nicole Gormley

País: Corea do Sur/Estados Unidos
Ano: 2020
Duración: 13 min.
V.O.: coreano, ingés (subtítulos en galego)

Embarazada de sete meses, e preocupada polo efecto que a maternidade podería ter na súa carreira como mergulladora profesional, Kimi Werner viaxa á illa de Jeju, en Corea do Sur, para coñecer ás súas heroínas: as haenyeo, un grupo de mulleres pescadoras que practican apnea e están consideradas as primeiras nais traballadoras de Corea.

LA SAISON DES TOURTEAUX

Martin Benoist

País: Francia
Ano: 2020
Duración: 52 min.
V.O.: francés (subtítulos en galego)

Xunto aos cantís de Étretat, na costa de Normandía, acompañamos a Christophe, un home con discapacidade visual que pesca “tenteando” en busca de cangrexos e lagostas, nun espazo onde ninguén se aventura. Permanecendo ao seu carón, compartimos a experiencia do que sente Christophe, comezando pola beleza desta paisaxe.

COMPETICIÓN V

DOMINGO, 31 OUT | 21:00

FISHERIES ON THE BRINK

Environmental Justice Foundation

País: Reino Unido/Ghana
Ano: 2020
Duración: 6 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)

A pesca artesanal en Ghana, fonte principal de alimento e subsistencia nas zonas costeiras do país, está gravemente ameazada polas prácticas industriais subvencionadas polos países desenvolvidos. Os bancos de peixes de África occidental están ao bordo do colapso, provocando un efecto devastador nas comunidades pesqueiras tradicionais que dependen destes recursos.

DOOLE DOOLE

Jean-Claude Thierry

País: Francia
Ano: 2019
Duración: 52 min.
V.O.: francés, wolof (subtítulos en galego)

O mar Mediterráneo converteuse nunha fronteira de alto risco para os mozos africanos. En Saint Louis (Senegal), problemas como o avance do mar, a sobrepesca e un proxecto de explotación petroleira están empurrando aos mozos a marchar. Doole significa “forza” en wolof. Empregarán esta forza para emigrar ou para loitar contra as dificultades?