A MOSTRA

Mares da Fin do Mundo é un proxecto local, asentado no rural, pero con proxección internacional. Unha mostra comprometida co medio marítimo e co sector pesqueiro, que busca crear conciencia sobre a necesidade de coidar un dos nosos recursos naturais máis valiosos: o mar.

MDFDM iniciase no ano 2018, e desde entón segue a traballar por ser un espazo de referencia e punto de encontro, tanto para o sector audiovisual de xénero documental como o pesqueiro e a cidadanía en xeral.

En 2021, a IV edición presenta unha estrutura renovada, inaugurando Competición Oficial e dúas seccións: Proa, na que cada ano programará filmes e cineastas na vangarda do cinema da realidade, e Popa, dedicada á proxección de arquivos e filmes históricos. O programa cinematográfico complétase con Proxeccións Especiais, como os filmes de inauguración e clausura, tanto internacionais como galegos.

A esta programación acompañan diferentes Actividades Paralelas de interese cultural e turístico, das que destaca a formación de novos públicos. De forma estable, o Obradoiro de Cinema achega á mocidade coñecementos dos oficios do cinema incentivando a creatividade e a posta en práctica da linguaxe cinematográfica a través de temáticas do patrimonio cultural relacionado cos saberes e oficios tradicionais vencellados co mar.

EQUIPO TÉCNICO

Dirección e produción: Marcos Gallego
Programación: Jesús Silva, Marcos Gallego
Comunicación: Antonio Rodríguez
RRSS/Community: Yolanda Muelas
Vídeos e proxeccións: Raquel Enríquez de Castro
Deseño gráfico: José María Picón
Cobertura audiovisual: Vanessa Martínez
Mantemento web: Noelia Núñez e Rubén da Silva
Sonorización Sala: Luis Aceituno
Técnico de Cultura e Mocidade (Concello de Outes): Santiago Nieto
Técnico de Turismo (Concello de Outes): Ignacio Fernández
Técnico de Emprego e Desenvolvemento local (Concello de Outes): Carlos Rodrígu

Síguenos nas redes

         

ORGANIZA

logo_ACMDFDM_cores

PATROCINAN

Logo DeputaciónLCG@3x


logo_XuntadeGalicia


Logo_Concello_Outes_en_Outes

Festival colaborador

logo_pecheursdumonde-300x254

Colaboradores

Print_4C_FC_bx


logo_EEAgrants_logo

Mares da Fin do Mundo forma parte de

proxecta

Coordinadora galega de festivais de cinema integrada na Federación Estatal de Coordinadores de Festivais de Cine e Contidos Audiovisuais PANTALLA

abalogo

COLABORAN