PROXECCIÓNS ESPECIAIS
FILME INAUGURAL

LUZZU
Alex Camilleri
País: Malta / Estados Unidos
Ano: 2021
Duración: 94 min.
V.O.: maltés (subtítulos en galego)
Jesmark, un pescador maltés, enfróntase a unha nova vía de auga no seu luzzu, a embarcación tradicional de madeira empregada no arquipélago. O barco apenas dá para sobrevivir e Jesmark ve como o seu medio de vida e unha tradición familiar de xeracións están en perigo pola diminución da faena, unha industria pesqueira desapiadada e un ecosistema estancado. Desesperado por manter a súa muller e o seu bebé, que precisa dun tratamento médico especial, Jesmark implícase nunha rede de pesca ilegal no mercado negro.

SECCIÓN PROA. Foco no impacto humano sobre a fauna mariña

FROM THE WILD SEA
Robin Petré
País: Dinamarca
Ano: 2021
Duración: 78 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)
A medida que se achega o inverno, unha rede europea de voluntariado que rescata animais mariños prepárase para a dura tempada. Día e noite, durante todo o ano, traballan incansablemente para rescatar a fauna costeira de elementos que ameazan a súa vida: petróleo, plástico, condicións adversas. Non obstante, o peor está por chegar. O cambio climático alimenta a violencia dos temporais. Ao mesmo tempo, os animais salvaxes loitan contra a contorna humana con cabeiros e garras.

LAST OF THE RIGHT WHALES
Nadine Pequeneza
País: Canadá
Ano: 2021
Duración: 92 min.
V.O.: inglés (subtítulos en galego)

SECCIÓN POPA. Filmes históricos

NANOOK OF THE NORTH
Robert J. Flaherty
País: Estados Unidos
Ano: 1922
Duración: 79 min.
V.O.: inglés (sen diálogos)
SERIE CAMPUS DO MAR

DESAFÍOS DEL OCÉANO: CIENTÍFICAS AL MANDO
Campus do Mar
País: España (Galicia)
Ano: 2022
Duración: 15 - 17 min. por capítulo
V.O.: español
*Proxección de 3 capítulos
- Erosión Costera, con Ana Bernabeu Tello (17 min.)
- Sostenibilidad da pesca, con Carmén González Sotelo (15 min.)
- Microplásticos, con Lucía Viñas (16 min.)
XX ANIVERSARIO PRESTIGE

NUNCA MÁIS: MAREA DE DIGNIDADE
SAGA TV / Nunca Máis
País: España (Galicia)
Ano: 2003
Duración: 27 min.
V.O.: galego
PERFORMANCE

URHO
Iván Torres e Alex Salgueiro
País: España (Galicia)
Ano: 2022
Duración: 30 min.
V.O.: finés, sueco, inglés, ruso (sen diálogos)
FILME DE CLAUSURA

SPITSBERGEN, O GARDIÁN DO ÁRTICO
Ignacio Benedeti Corzo
País: España (Galicia)
Ano: 2021
Duración: 81 min.
V.O.: galego
Documental filmado integramente en Súper-8 que pretende ser, máis aló do desafío técnico, unha chamada de atención sobre as nefastas consecuencias do cambio climático e o quecemento global, a través das aventuras que vive o director a bordo do buque rompexeos Malmö, como o seguimento dunha osa coas súas crías ou a recuperación dunha cámara mergullada accidentalmente a 140 metros de profundidade. A obra plasma a ameaza real causada pola actividade humana descontrolada, que leva a derreter o Ártico.